Saturday 04 de May de 2024

Bernardo Fernández presenta en Santiago os seus 15 compromisos coa militancia, entre os que destaca unha Escola provincial de formación municipalista


Bernardo Fernández Piñeiro, candidato á secretaría xeral da Agrupación Provincial Socialista da Coruña, presentou oficialmente esta tarde en Santiago os seus 15 compromisos coa militancia.

Nun acto celebrado na sede local do PSdeG, Bernardo Fernández explicou estas medidas, como xa leva facendo desde hai días, entre as que se atopa unha Escola provincial de formación municipalista. “O obxectivo é dar formación conti¬nuada ás nosas concelleiras e concelleiros, estean no goberno ou na oposi¬ción, para que poidan desenvolver do xeito máis eficaz a súa tarefa de repre¬sentación”, apuntou.
“Quremos achegarnos máis á cidadanía e estar en contacto perma¬nente coa militancia; desenvolvere¬mos campañas afiliación e comprometémonos a incorporar as reivindicacións da Axenda Feminista”, engadiu.

En palabras de Fernández, “levaremos ao primeiro Comité Provincial unha proposta para a recuperación da estrutura comarcal co obxectivo de que sexa debatida no Comité Nacional Galego, e no caso de ser aprobada, se eleve á Comisión Executiva Federal, tal e como marca o artigo 19 dos Estatutos Federais”.
“Por outra parte, consolidaremos o Consello de Alcaldesas e Alcaldes e crearemos o Consello de coordinación das políticas municipais facendo re-unións de ámbito comarcal ou a nivel de partido xudicial e, polo menos, dúas de carácter provincial ao ano”, rematou.